Edit file File name : help-gl.txt Content : Axuda En Liña de Aptitude Empregue as teclas das frechas e AvPág/RePág para ver esta axuda; prema Intro para saír dela. As seguintes teclas están dispoñibles por defecto nas pantallas de información de aptitude. Hai outras teclas dispoñibles; consulte o ficheiro README para ver unha lista delas. "q": Saír e gravar os cambios. "?": Amosar esta pantalla. "f": Borrar a lista de paquetes "novos". Arriba ou "k": Subir a barra de selección. Abaixo ou "j": Baixar a barra de selección. RePág ou Control-b: Subir a barra de selección unha pantalla. AvPág ou Control-f: Baixar a barra de selección unha pantalla. Inicio ou Control-a: Mover a barra de selección ao primeiro paquete da lista. Fin ou Control-e: Mover a barra de selección ao derradeiro paquete da lista. "^": Mover a barra de selección ao pai do elemento actual. Intro: Expandir ou contraer un grupo de paquetes. "[": Expandir un grupo de paquetes e tódolos seus subgrupos. "]": Contraer un grupo de paquetes e tódolos seus subgrupos. Control-t: Activar ou desactivar o menú. "F6": Ir á seguinte lingüeta da pantalla principal. "F7": Ir á anterior lingüeta da pantalla principal. Intro: Ver información dun paquete. "C": Ver o rexistro de cambios dun paquete. "+": Instalar ou actualizar un paquete, ou eliminar o seu estado de retido. "-": Eliminar un paquete. "=": Reter un paquete na súa versión actual para evitar que se actualice. ":": Manter un paquete na súa versión actual. Ao contrario da retención, isto non impide que se actualice. "_": Solicitar a eliminación dun paquete e os seus ficheiros de configuración. "L": Solicitar a reinstalación dun paquete. "M": Marcar un paquete coma instalado automaticamente. Os paquetes instalados automaticamente elimínanse se ningún paquete instalado manualmente precisa deles. "m": Marcar un paquete coma instalado manualmente. "F": Impedir que un paquete se actualice automaticamente a unha versión determinada; hanse instalar automaticamente versións máis recentes. "u": Actualizar as listas de paquetes dispoñibles. "U": Marcar para actualizar tódolos paquetes actualizables. "g": Realizar as instalacións, eliminacións e actualizacións pendentes. Control-u: Desfacer a última acción ou conxunto de accións. "/": Realizar unha busca (polo nome do paquete por defecto; vexa o README/Manual do Usuario para máis información). "\": Realizar unha busca cara a atrás. "n": Repetir a última busca. "N": Repetir a última busca, pero na dirección oposta. "g": Buscar o seguinte paquete roto. "v": Amosar as versións dispoñibles dun paquete. "d": Amosar as dependencias dun paquete. "r": Amosar os paquetes que dependen dun paquete dado. "D": Amosar ou ocultar a área de información de paquetes. "a": Elevar a área de información de paquetes. "z": Baixar a área de información de paquetes. "i": Pasar polas vistas de información de paquetes. ",": Ver a anterior solución de dependencias. ".": Ver a seguinte solución de dependencias, xerando unha nova solución se é necesario. "<": Ver a primeira solución de dependencias. ">": Ver a derradeira solución de dependencias. No resolvedor interactivo: "a": Aprobar unha acción, o que fai que se escolla sempre sobre as alternativas, ou cancelar unha aprobación. "r": Rexeitar unha acción, o que fai que nunca se escolla, ou cancelar un rexeitamento. O indicador de "estado" que se amosa en cada paquete pode ter os seguintes valores: v - virtual B - roto u - desempaquetado C - a medio configurar H - a medio instalar c - eliminado, pero aínda hai ficheiros de configuración (sen purgar) i - instalado E - erro interno (non debía ocorrer) O indicador de "acción" que se amosa en cada paquete pode ter os seguintes valores: h - reter p - purgar d - eliminar B - roto i - instalar r - reinstalar u - actualizar F - a actualización dispoñible está prohibida mediante "F" Save